Sociedade galega Val D’ouro, nome xenérico que denomina a sociedade por atoparse nas ricas terras da Goldenküste da ribeira do lago de Zürich.

Val de ricos e portentosos do mundo das finanzas e prominentes persoeiros.Val de bágoas para nós, galegos, que vivimos e traballamos para eles…

…pero as esperanzas e os soños da ánima non morren aquí, están na nosa terra, sempre en Galicia, con ilusión, retranca e morriña.

Sociedade que nace da ex asociación española de pais de familia de Küsnacht, fundada nos anos noventa por unha ducia de amigos, con estricto carácter familiar e con unha ben definida inquedanza, as clases de lingua e cultura española.

Na actualidade está composta por sesenta e tantas familias, cerca duns trescentos socios, respetando e conservando as orixes dos seus socios fundadores.Somos unha sociedade aberta, tolerante, democrática e unha das de máis envergadura do cantón de Zürich, con capacidade, eficacia na execución de programas e proxetos de valor socio-cultural para a colonia española en xeral.

O noso local social é un vital punto estratéxico, lúdico -cultural de referencia de de importancia de relación e convivencia.